O Ventorrillo xa prepara as suas festas do Pilar 2009. Este ano volven estar organizadas pola "Asociación Xuvenil do Ventorrillo" poñendo todo o que está na sua man coa intención de facer unhas festas para todas as idades ó longo de 4 días (de Venres a Luns).
Este ano volveremos ter bar da comisión na que se poderá consumir bebidas acompañadas dunha boa ración de polbo e o sábado 10 a partir das 20.30h racións de churrasco a cargo da comisión (disponibles os tickets na asociación e o día da festa).
As festas comezarán o Venres 9 coa lectura do pregón e a entrega de premios ós reices da festa 2009 e coa orquestra Cinema amenizando a verbena a partir das 22.30 h xa co bar da comisión á sua disposición.
O sábado 10 poderase disfrutar dunha ampla variedade de actividades comezando co fútbol sala no que o Ventorrillo FS (equipo do barrio e o mellor clube da cidade) desputará o partido pertencente a 4ª Xornada da liga autonómica.
As 20 h comezará a "churrascada dos veciños" (a cargo da AV) e a continuación a orquestra Foliada será a encargada de amenizar a noite.
O luns 12 (Día do Pilar) as 11.30h terá lugar a misa solemne na honra da nosa Patrona e posteriormente a sesión Vermut coa Banda Municipal da Coruña e as 21.30 a orquestra "Xente Nova" será a encargada de poñer punto e final as nosas festas.
2 comentarios:
MOITA FESTA, PERO NADA MAIS.
PENAMOA FORA DE DROGAS XA.
Je, como se lles ve o plumero a estes barandas da AVV.
Para salir con Lareo na foto sempre están dispostos, pero para dar a cara polos veciños de Jaime Hervada nº 19 non hai o que hai que ter.
Temos o Concello e a AVV que nos merecemos. Bueno máis cumha asociaciom de vicinhos, parece uma xuntanÇa de amigos
Publicar un comentario