NOTICIAS

Blog Oficial de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo

martes, 18 de mayo de 2010

Axúdanos a chegar a Almería

O Ventorrillo FS conseguiu o sábado 17 de maio, día das letras galegas, dar un paso importante cara a consecución do campionato galego de Fútbol Sala Autonómico e así acadar unha praza que permita ós herculinos participar no campionato de España representando a Galicia.

O equipo celeste, campión da liga Autonómica norte enfrontábase ó conxunto de Bembrive, campión da liga autonómica sur, acadando un 2-3 a domicilio que permite soñar co campionato nacional.

O partido chegou o descanso cun 0-1 no marcador que puido ampliarse durante a primeira parte pero o equipo dirixido por Marco Navarro non estaba acertado cara a gol.

Na segunda metade, o equipo local saíu máis enchufado e conseguiron dar a volta ó marcador poñendo o 2-1 a falta de 5 minutos para o remate do encontro.

O equipo celeste, que non se rendeu en ningún momento, seguiu atacando a meta rival ata acadar o 2-3 a 2 minutos do final.

O partido de volta terá lugar o sábado 22 de maio, aínda sen definir horario no pabillón do Ventorrillo, polo que, agora máis que nunca, precisamos o apoio da nosa afición e do noso barrio.


Ventorrillo FS - A ilusión dun barrio

No hay comentarios: